Esquerda Unida denuncia que os datos do paro de abril confirman a cronificación da pobreza laboral en Galicia

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social fixo públicos os datos de emprego e afiliación á Seguridade Social. En abril, Galicia tivo contratos de pouca duración como consecuencia, sen dúbida, da campaña estacional de Semana Santa. De feito, só houbo 5.335 afiliacións novas por 74.091 contratos realizados, polo que se pode afirmar que grazas ás políticas neoliberais do PP, que parecen perseguir a senda de destrución de emprego de calidade, o  incremento das pésimas condicións de vida para a clase traballadora é xa unha constante.

Os novos contratos de abril son de corta duración e, as remuneracións en hostalaría e comercio (onde houbo a subida), moito máis inferiores cada ano, polo que traballar non é sinónimo de vivir dignamente ou de chegar a fin de mes.

Para Esquerda Unida estas cifras mostran a incapacidade do modelo de goberno implantado por Feijóo á hora de garantir os dereitos dunha clase traballadora cada vez máis precarizada e afectada pola drástica redución da súa calidade de vida.

Relacionados