Esquerda Unida denuncia a moción de censura encuberta por parte do PP e PSOE e traslada o seu apoio a Ferrol en Común

É vergoñento que PP e PSOE repitan pinza e alianza co único obxecto de desgastar e bloquear ao goberno, por iso, dende Esquerda Unida transmitimos todo o noso apoio ao Goberno de Ferrol en Común e ao seu alcalde, Jorge Suárez.

Esquerda Unida denuncia que o PP e PSOE, no pleno ordinario de fin de mes no Concello de Ferrol, volvéronse a por de acordo para facer un auténtico bloqueo co fin de desgastar ao Goberno local, en prexuízo das veciñas e veciños, e a través dunha moción tramposa do PP, que contou coa complicidade do PSOE nunha nova e perversa alianza.

PP e PSOE sumaron os seus votos nunha moción tramposa, unha pinza que fai dano ás competencias da Alcaldía en materia económica e en cuestións como as transferencias orzamentarias e pagos correntes, o que obrigará a levar a pleno movementos que, na práctica, retrasarán os pagos dos Concellos as empresas que lles prestan os seus servizos. Esta pinza tamén implica, inevitablemente, un bloqueo da cidade e dos intereses das veciñas e veciños aos, un xesto  que a estas dúas formacións non lle parece importar, xa que repiten pinza co único obxecto de desgastar e bloquear ao goberno de Ferrol en Común.

Dende Esquerda Unida denunciamos este tipo de pactos, vergoñentos e, como dixo o alcalde Jorge Suárez, “indignos en política”, xa que a súa finalidade é desgastar e bloquear ao goberno en contra dos intereses da cidadanía. Por iso, dende Esquerda Unida transmitimos todo o noso apoio ao Goberno de Ferrol en Común e ao seu alcalde, Jorge Suárez.

Relacionados