Dende Esquerda Unida manifestamos a nosa repulsa fronte ao maltrato e tortura animal, desta vez manifestado no espectáculo taurino que tivo lugar esta fin de semana en Pontevedra no que se manifestaron centos de persoas, e que ano tras ano vén financiando a Deputación de Pontevedra a cargo dos orzamentos públicos.
Así esta fin de semana Pontevedra convertiuse na única localidade galega que acolledora deste espectáculo-barbarie.
Dende Esquerda Unida denunciamos a actitude das administracións públicas que colaboran na celebración deste tipo de espectáculos sanguiñentos que obvian o crecente rexeitamento por parte da sociedade, e que contribúen con cartos públicos á práctica da tortura, ensañamento e crueldade con respecto aos animais baixo a falsa apelación á tradición e cultura.
Asimesmo, lamentamos que en Galicia non se teña tomado a decisión de facer unha verdadeira Lei de Protección Animal, onde se proscriban todos aqueles tratos crueis para cos animais; e, pola contra, vemos como a actual “Lei de protección e benestar dos animais de compaña de Galicia” deixa directamente fóra da mesma aos animais que sofren os espectáculos taurinos.
Dende Esquerda Unida consideramos que é preciso, que este tema sexa tratado nas Institucións e teña un recoñecemento legal que prohiba o maltrato sobre os animais.
Por una Galicia libre de corridas de touros e maltrato aos animais.