Esquerda Unida denuncia a porta xiratoria de José Manuel Rey Varela para no consello de administración da planta ilegal de Reganosa

Segundo recolle o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil do 14 de agosto de 2017, o nomeamento de Rey Varela, conselleiro de Política Social para o consello de administración de Reganosa, convértese nunha proba do bo funcionamento das portas xiratorias que o PP pon en marcha, neste caso, en periodo estival.

Reganosa segue a ser unha instalación ilegal, contaminante e perigosa cuxa construción parte dun negocio turbio, froito da corrupción política, da temeridade e do desprezo medioambiental. O affaire Reganosa, pese ás sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza, segue a ser avalado por un goberno que atenta contra a seguridade das veciñas e veciños de Ferrol e que vén a reafirmar este compromiso a través da porta xiratoria pola que o PP nomea aos membros do consello de administración.

Dende Esquerda Unida, seguimos a traballar para rematar coas ilegalidades e irregularidades que suponen o affaire Reganosa, por iso desta vez, denunciamos a porta xiratoria pola que o PP de Feijóo nomea ao  conselleiro de Política Social para o consello de administración da factoría.

Relacionados