Esquerda Unida denuncia o intento da Xunta de Galicia de “colar pola porta de atrás” a figura de coordinación parental

Esquerda Unida vén de coñecer a apertura dun centro de Servizo de Apoio Familiar Integral e Multidisciplinar (SAFIM), un intento por parte da Xunta de Galicia de “colar pola parte de atrás a figura de coordinación parental que, en moitos casos, atenta contra o dereito das de dos menores poñendo en risco o seu benestar”, explica a responsable da Área de Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez.

Durante esta lexislatura, o Parlamento de Galicia tivo que retirar do debate o intento de introducir a figura de coordinación parental dado o rexeitamento total por parte de asociacións de protección de menores, de atención a vítimas de violencia sexual, de colectivos feministas, etc.

Dende Esquerda Unida consideramos que a figura de cordinacion parental non é a solución ante unha situación de divorcio conflitivo, máxime cando existen situacións de violencia de xénero dentro da parella non denunciadas (segundo macroenquisa do CIS de 2015, o 65% da violencia machista non se denuncia) o que impide abordar a situación en igualdade de condicións.

Por todo isto, esiximos á Xunta de Galicia que retire a implantación deste servizo e dote de máis medios á xustiza e aos programas de loita contra violencia de xénero. Esiximos tamén que se incida na protección de menores no relativo á situación de violencia vicaria á que poden estar sometidos.

 

Relacionados