Esquerda Unida tacha de ataque á democracia a presión que se está a exercer coa presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, reelixida democraticamente pola vontade do pobo brasileiro en 2014 e, na actualidade, enfrontada a un proceso de impeachment sen que exista algunha proba de delicto.
Na liña das declaracións vertidas dende UNASUR (Unión de Nacións Suramericanas) e en relación coa decisión adoptada pola Comisión da Cámara de Deputados de Brasil de avanzar no proceso de destitución da presidenta Dilma Rousseff, Xabier Ron, deputado de AGE e membro da dirección de EU, considera que “sen existir até o momento unha proba que a incrimine de maneira persoal e directa na comisión dun delicto, esta decisión, convértese nun motivo de seria preocupación para a seguridade xurídica de Brasil”.
Ao seu xuízo, “isto responde aos intereses dunha oligarquía de dereitas, desexosa de axustar contas de forma antidemocrática, co apoio do poder mediático, e subverter, a través dun golpe de Estado encuberto, a democrática elección levada a cabo pola vontade da cidadanía”, sintetiza.