Esquerda Unida do Grove reelixe a José Antonio Otero González como coordinador e renova a súa executiva local

O pasado sábado, coa presenza da coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, a agrupación local de Esquerda Unida celebrou a asemblea na que renovaron os órganos de dirección locais. Cunha ampla participación, os militantes e simpatizantes do Grove deron o seu apoio unánime á candidatura encabezada por José Antonio Otero González para continuar como coordinador local durante os vindeiros catro anos. Tamén o informe de xestión, presentado polo propio Otero, contou coa conformidade unánime dos asistentes.

O novo secretario de Organización, Gonzalo Bea, salientou “o avance nos dous últimos procesos electorais, de Esquerda Unida e a súa proxección ascendente, onde estivemos a piques de conseguir un terceiro concelleiro”, un traballo ao que a dirección entrante dará continuidade e onde buscará ensanchar a súa base militante e electoral.

Pola súa banda, a Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, sinalou que “a base fundamental de Esquerda Unida é o municipalismo e a agrupación do Grove é un exemplo de traballo constante que deu como resultado que tanto José Antonio Otero como Gonzalo Bea estean nos órganos de dirección nacional de Esquerda Unida”.

Por último, o coordinador local, José Antonio Otero, que presentou o documento de balance de xestión, apoiado ao cento por cento pola militancia, abriu o seu discurso afirmando que “a labor de Esquerda Unida nas institucións non se centra unicamente na críticas a un goberno absolutista e autoritario, senón ás propostas para mellorar o concello do Grove, en forma de reunións constantes con colectivos, mocións no pleno e propostas en positivo, o que nos leva a ser a única oposición ó goberno de José Cacabelos”.

Tras esta asemblea, ábrese unha nova etapa na agrupación local que ten no horizonte as eleccións municipais de 2023, onde Esquerda Unida presentarase como alternativa a un goberno decepcionante do PSOE e que deu mostras de esgotamento tras dous mandatos no poder.

Nova Coordinadora Local:

  • José Antonio Otero González. Coordinador local e voceiro do Grupo Municipal.
  • Gonzalo Bea Montenegro. Responsable de Organización.
  • José Antonio Gondar Triñanes. Responsable de Finanzas.
  • Ana Cristina Domínguez Domínguez. Responsable da Área de Muller e concelleira.
  • Juan Lamelas Alfonso.
  • Anxo Meis Domínguez.
  • Susana Millán Prol.
  • Ana Viso Vázquez.

Relacionados