Esquerda Unida esixe a derrogación da resolución da Xunta sobre liberalización de horarios en establecementos comerciais

Segundo o RD 463/2020 de 14 de marzo que declara el estado de alarma para a xestión da situación de crise polo COVID-19, establece unha serie de establecementos que deben permanecer abertos para abastecemento de alimentos e produtos de primeira necesidade.

O acceso a estes establecementos debe ser controlado para evitar aglomeracións e velar pola saúde de traballadores e consumidores, polo que a maioría das empresas están optando pola reducción do seu horario, co fin de garantir tanto a reposición de mercancía como a desinfección dos lugares e preservar así a saúde das persoas minimizando a posibilidade de contaxios.

Sen embargo a Xunta de Galicia, recolle na publicación do DOG do 15 de marzo no punto cuarto que, os establecementos de produtos de primeira necesidade  “terán liberdade horaria para fixar sen limitacións os horarios dos seus establecementos comerciais.”

Esta situación de liberalización de horarios beneficia sobre todo ás grandes superficies con capacidade para establecer uns horarios amplos que compiten dunha banda cos establecementos pequenos con plantillas reducidas que non poden asumir tal carga de traballo. E doutra banda poden tamén provocar un efecto chamada aos consumidores contrario ao decreto que reduce ao mínimo a saída dos domicilios para reducir a exposición externa.

Esta cuestión horaria toma maior relevancia agora que nos achegamos a unhas datas clave para garantir o máximo nivel de confinamento, tal como traslada o goberno central, coincidindo cos días festivos de semana santa, e garantir así tamén o descanso do persoal que leva semanas facendo posible o noso abastecemento alimentario.

Por todo isto, Esquerda Unida solicita á Xunta de Galicia a derrogación do contido no apartado cuarto do DOG. núm 51 de 15 de marzo de 2020 por considerar que contradí ao RD 463/2020 do 14 de marzo no que a cuestión básicas de protección de saúde se refire.

Relacionados