Esquerda Unida esixe un tipo de financiación local eficiente que salve da asfixia económica aos concellos

Dende Esquerda Unida reiteramos que, na actualidade, a xestión da financiación local non é eficiente, o que provoca a asfixia económica dos concellos, ademais de non ser capaz de dar cuberta ás necesidades da veciñanza, polo que vemos imprescindible levar ao executivo central un debate que permita abordar o tan necesario financiamento local dun modo global e concertado entre goberno central, gobernos autonómicos e concellos.

Segundo Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, “o debate sobre o financiamento local ten que estar tratado como unha prioridade nos asuntos públicos e, para iso, ten que ser un debate simultáneo ao financiamento autonómico, capaz de dar voz ao municipalismo e apelando á mobilización dos concellos para negociar un novo modelo de financiamento”, explica.

“Os concellos precisan ter máis capacidade de xestión directa, así como un maior número de competencias. Por suposto, para poder desenvolver mellor o seu traballo, a prol das necesidades da cidadanía, os concellos precisan tamén contar con más financiamento, así como dun novo marco de financiación local moito máis eficiente”, remata o secretario de Organización de Esquerda Unida.

Relacionados