Esquerda Unida fai un chamamento á participación das dúas manifestacións que se celebrarán esta fin de semana.
Este sábado 18 ás 11 horas e convocada por CCOO, UXT e CIG celebrarase en Vilagarcía de Arousa unha manifestación que reivindica un convenio xusto para o sector conserveiro.
Esquerda Unida considera xustas as reivindicacións dos sindicatos ante unha patronal empeñada en endurecer as condicións laborais respecto ao convenio anterior, que tenta ampliar a xornada laboral de luns a domingo e cunhas propostas que non só non garanten o poder adquisitivo do persoal senón que non corrixen a discriminación salarial entre homes e mulleres.
Doutra banda Esquerda Unida chama á mobilización o vindeiro domingo 19, ás 12 horas en Santiago de Compostela por un convenio laboral digno que convoca a Plataforma de atención non fogar, SAF Galiza.
O servizo de atención no fogar, a pesar de ser un dos sectores máis importantes de Galicia, cunha poboación envellecida e dependente, é un dos máis precarizados salarial e laboralmente, con case cinco mil traballadoras que neste momento prestan servizo a máis de 24000 persoas en Galicia
A pesar de ser un sector fundamental, o convenio que se asinou en 2009 e que tiña unha duración de dous anos, as empresas que prestan este servizo negáronse a asinar un novo convenio, o cal é reiteradamente incumprido por parte dunha patronal que non facilita os EPI necesarios, non recoñece as enfermidades profesionais, ou se traballa sen axudas técnicas nos domicilios.
Por todos estes motivos sobran razóns para a mobilización de dous sectores fundamentais no tecido produtivo galego