Esquerda Unida formaliza a súa presenza en María Pita

 

Mentres nun ateigado consistorio desenvolvíase un pleno eminentemente protocolario, os indignados manifestábanse en María Pita mostrando o seu rexeitamento polo sistema e a clase política. O concelleiro de Esquerda Unida – Os Verdes declarou “Outra vez teño sensacións agridoces; por unha parte sinto unha grande ledicia por prometer o cargo de concelleiro que a cidadanía coruñesa outorgoume con máis de 7000 apoios, mais por outra entendo a cazarolada dos indignados, comparto e apoio a meirande parte das demandas do movemento 15M, moitas históricas de EU. Así que teño o corazón partido”.

 

EU-V como tiña anunciado, abstívose e renunciou a presenciar candidatura en coherencia ao seu discurso durante a campaña electoral onde se afirmaba que só participaría da gobernanza da cidade si se recibía un apoio importante, do contrario faríase unha oposición leal. O meso que fixo o PSOE mentres que o BNG presentou candidatura. Xa que logo, non houbo sorpresas no resultado da votación secreta: PP 14, BNG 4, abstencións 9.

 

O novo alcalde, Carlos Negreira, desenvolveu durante 30 minutos o seu discurso de investidura, discurso que César Santiso valorou positivamente pero indicou que o importante e que as verbas se traduzcan en feitos “semella que defende valores a prol da maioría social, sempre que se defenda á maioría social encontrará a Esquerda Unida como unha forza para dialogar, traballar e avanzar, senón é así nos terá enfronte con contundencia”.

 

Relacionados