Esquerda Unida insiste nos tres piares que deben rexir a inversión dos fondos europeos: emprego, servizos públicos e industria

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla anunciaba hoxe en rolda de prensa as prioridades da organización para a inversión en Galicia dos denominados fondos europeos Next Generation.

Para Esquerda Unida o “baile de cifras” que estamos a escoitar nos últimos días por parte da Xunta de Galicia é un síntoma de que o Partido Popular non ten un proxecto sólido e serio acorde aos fondos previstos para Galicia.

Recentemente a Xunta de Galicia anunciou a constitución dun polo empresarial á hora de utilizar un mecanismo  público-privado para captar estes fondos europeos, ao que Eva Solla lembra que “o propio Tribunal Europeo advertía xa no ano  2018 que estes elementos de colaboración público-privada son perniciosos para os fondos públicos e que producen deficiencias xeralizadas e falta de transparencia”.  

Á súa vez a coordinadora indicaba que “ non deben ser as grandes empresas as que teñen que xestionar e percibir eses fondos,  senon que os fondos deben servir para os criterios que marcou o Consello Europeo para o mecanismo de recuperación e resiliencia” é dicir, “ fortalecer o sistema de saúde, e o sistema público, fortarlecer o emprego a través de mecanismos de cohesión social e foratalecer a industria”.

Esquerda Unida considera tres elementos fundamentais que que precisan unha inversión forte:

  • Inversión nun sistema de coidados e sanidade público que a pandemia

aínda puxo máis en evidencia a necesidade de fortalecer os servizos públicos.

  • Axudas ás pequenas e medianas empresas e persoas autónomas que ata agora non se están vendo beneficiadas das axudas autonómicas salvo polo que compete a aplicación dos ERTES do goberno central.
  • Na industria, inversión vinculada a proxectos que apuntalen a intervención pública na industria para que se manteña o emprego no noso país e evitar o continuo anuncio de EREs e peches de empresas como acontece con Naturgy na Coruña ou Siemens-Gamesa en As Somozas.

O propio Consello Europeo indica a necesidade de cohesión na inversión dos fondos, polo que en contra do sistema público-privado que anuncia a Xunta, a inversión “debe materializarse nunha intervención por parte da Xunta no deseño de políticas públicas que sirvan desenvolver o tecido industrial e non permitir que os fondos rematen en proxectos nas mans destas grandes empresas, as memas que anuncian peches para deslocalizar o traballo” indica Solla.

 

SIEMENS-GAMESA

Esta semana remata o periodo de negociación de ERE  para 266 traballadores, dos que 215 son en Galicia. Ante esta situación Esquerda Unida solicitou a través da eurodeputada e voceira de IU, Sira Rego unha xuntanza coa Comisión Europea.

“Resulta sorprendente que a fábrica que produce as pás de aeroxeradores nun dos territorios con maior potencia instalada , teña pensado pechar a factoría para deslocalizar a súa producción, máxime cando esta pedíu ao Banco Europeo un préstamo que debera ser incompatible co peche e os despidos” di Solla.

Esquerda Unida, a través do grupo parlamentario de Unidas Podemos, solicitou a intervención do Ministerio de Industria para frear esta situación de peche e negocie coa propia empresa.

 

Relacionados