Esquerda Unida Lugo denuncia a maquillaxe do fin das obras de Santo Domingo e do casco histórico.

Esquerda Unida Lugo denuncia a maquillaxe do fin das obras de Santo Domingo e do casco histórico.

Esquerda Unida denuncia, unha vez máis, a ausencia de espazos verdes para a necesaria humanización dos lugares públicos da cidade de Lugo.

Despois de máis de dous anos de obras para a suposta peonalización do casco histórico de Lugo, que -segundo sinala Chus Rodríguez- “ao final, derivou nun volume maior ou igual de tránsito de vehículos na contorna do centro histórico da cidade, é evidente para calquera cidadán que o cemento e o gris é o material e a cor coa que conviviremos no casco vello da cidade”.

No día de hoxe, manifesta Rodríguez “ás presas do Concello por rematar as “eternas obras docentro”, fumos testemuñas de como colocaban trozos de céspede cuase artificial, anacos dunha falsa alfombra verde -que non lles deu tempo plantar- ao redor das catro árbores que chantaron na Praza de Santo Domingo, emulando ao decorado dunha piscina ou dunha terraza chill out, só como exemplo do esperpento desta peonalización deshumanizada e cementada, que se estende por todas as rúas e prazas do centro de Lugo”.

A secretaria de organización de EU Lugo puntualiza: “Nestes días de altas temperaturas que vivimos esta semana, ao cruzar a praza de Santo Domingo, ao igual que a da Horta do Seminario, ou moitas outras, ao tratar de buscar unha árbore ou sombra na que refuxiarte, só tiñas cemento e sol abrasador”.

Rodríguez sinala que “nun contexto de cambio climático global e local, é preciso que a planificación urbanística teña en consideración espazos públicos nos que resgardarse da calor ou da

choiva ou vento para uso e desfrute da nosa veciñanza”. A medida máis efectiva para neutralizar as diferentes temperaturas que vivimos é utilizar vexetación, verde urbano e árbores, porque regulan a temperatura e producen correntes de aire fresco.

Esquerda Unida volve denunciar, unha vez máis, a falta de planificación e de modelo urbanístico da

cidade, a falta de consideración das propostas e da participación cidadá, cunhas obras do casco histórico que, segundo sinala Rodríguez, “de rematarse mañá, parchearán constantemente por lousas

rotas e golpes de calor ou anegadas polas fortes choivas”.

Relacionados