EU manifesta o seu apoio aos cargos públicos de Galicia En Común e Unidas Podemos, sindicalistas e traballadores denunciados por defender os postos de traballo de Alcoa

Dende Esquerda Unida manifestamos o noso rexeitamento ás acusacións de ‘atentado á autoridade’ dos cargos públicos de Galicia En Común e Unidas Podemos Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Rafa Mayoral e Ángela Rodríguez, dos sindicalistas e dos traballadores que participaban na mobilización de Alcoa do pasado 28 de marzo, diante do Congreso.

Vimos de recibir abraiadas esta nova que dista moito do acontecido, xa que estas persoas, no exercicio da súa labor, apoiaban e defendían á clase traballadora nas súas reivindicacións, tal e como se recolle nas diferentes imaxes dos medios de comunicación que cubrían a mobilización.

Dende Esquerda Unida temos claro que isto é unha persecución política e que é inaceptable que se investigue a estas persoas por facer a súa labor. Este tipo de actuación poñen de manifesto a necesidade de derrogar dunha vez por todas a lei mordaza para poñer fin á criminalización da protesta social e a saír do contexto represivo no que estamos a vivir.

 

 

 

Relacionados