Esquerda Unida, coincidindo co coincidindo co “Día Mundial da Loita contra a Sida”, mostra a súa solidariedade con tódalas persoas afectadas polo VIH e coa complicada situación económica que atravesan os Comités Cidadáns Anti-SIDA de Galicia, provocada pola política de recortes da Xunta de Galicia, os cales sempre afectan máis aos sectores desfavorecidos da sociedade.
Colectivos que seguen a marxe desa suposta situación de recuperación económica, que nos quere vender o Goberno de Feijoó pero que, na realidade, non chega á maioría social.
Os recortes siguen instaurados como práctica habitual da política social da Xunta de Galicia, especialmente no ámbito da prevención e da detección precoz, tal e como destaca o lema deste ano de ONUSIDA “Vive a vida positivamente: coñece o teu estado serolóxico”. En Galicia hai máis de 2000 persoas infectadas polo VIH e máis dun 30% descoñecen a súa seropositividade, polo que urxe que a Xunta de Galicia poña os medios necesarios para que as persoas coñezan o seu estado serolóxico e se poñan os medios para evitar novos contaxios.
Un ano máis, temos que denunciar que a Xunta de Galicia mantén a redución de máis dun 50% das axudas e subvencións das asociacións, o que pon en perigo a continuidade das accións e programas que levan a cabo dende hai 25 anos. Accións e programas que a Administración, dende sempre, se nega a xestionar directamente. A Xunta delega as súas funcións, competencias e responsabilidades nas ONGs e logo impide que as poidan levar a cabo pola asfixia económica a que as somete, mantendo a reducción de contías e retrasando miserablemente os pagos. Como cada ano, a Xunta de Galicia lles obriga a adiantar o custo da Casa de Acollida ata un ano enteiro e non se recupera case a metade desa financiación sustraída nos últimos anos.
Así, dende Esquerda Unida, queremos destacar que só a voluntariedade e alta implicación dos membros dos Comités Anti-SIDA (xunta directiva, persoal contratado, voluntariado, persoas usuarias e residentes) fan posible que estes recursos, pese a esta situación de precariedade imposta polas Administracións responsables, sigan funcionando e que, coa metade da financiación, sigan prestando os mesmos servicios.
Multitude de persoas se atoparán en situación de grave risco de exclusión social se non poden ser atendidas polos Comités Anti-SIDA (por exemplo, actualmente centos de persoas incluso almorzan a diario nas sedes dos Comités debido a carencia de recursos municipais nos que as persoas poidan permanecer algunas horas durante o día).
As Casas de Acollida para persoas afectadas pola SIDA de Ourense e Coruña, dependentes dos Comités Cidadáns Anti-SIDA, que funcionan dende 1994 no caso de Ourense, e nas que residen ducias de persoas, seguen a ter un futuro incerto, tal e como denunciamos dende hai anos. Os recortes son unha cuestión de vontade política e a tan cacareada recuperación económica non chega, por esa mesma falta de vontade política, ós sectores máis desfavorecidos da sociedade.
Así, calquer recorte nas medidas de prevención e de detección precoz é tremendamente caro, non só no humano e social, senón incluso no económico. Todo gasto en prevención e en detección precoz é unha inversión, non só pola súa rentabilidade humana e social (que debería ser suficiente) senón tamén pola económica, polo aforro que supón dos altos custos dos ingresos hospitalarios ou en prisións que se evitan. A política inxusta e insolidaria da Xunta de Galicia, consistente no recorte indiscriminado de axudas e subvencións ós Comités Cidadáns Anti-SIDA e as Casas de Acollida e no déficit de programas transversais de prevención, terá como resultado todo o contario ó que propón a ONU, esto é, cero novas infeccións polo VIH, cero discriminacións e cero mortes relacionadas coa SIDA.
O lema deste ano da ONU é:
“VIVE A VIDA POSITIVAMENTE, coñece o teu estado serolóxico”. O acceso ás probas do VIH é un dereito humano básico, polo que ONUSIDA esixe que se eliminen as barreiras que impiden ou disuaden ás persoas de facer as probas de VIH, comezando pola erradicación do estigma e a discriminación asociados áo VIH, a garantía de confidencialidade e o acceso ós tratamentos. Segundo datos de 2017, case 40 millóns de persoas en todo o mundo viven co VIH (case 2 millóns de novos contaxios só no 2017), das que só a metade das persoas afectadas teñen acceso a tratamentos.
En canto ó nivel internacional, denunciamos a situación de desigualdade en canto ó acceso á realización das probas de detección e ós tratamentos entre países desenrolados e países pobres, elo nos obriga a que os países que contamos con maiores avances e recursos en prevención, detección precoz e tratamento do virus, teñamos unha actitude solidaria hacia eses países. Denunciamos que a industria farmacéutica actúe habitualmente dun xeito puramente mercantil, sen responsabilidade social algunha. Esiximos ó Goberno de España que presione ás multinacionais farmacéuticas, no ámbito das relacións internacionais e da cooperación ó desenrolo, abrindo liñas centradas na fabricación e distribución de medicamentos xenéricos para o Terceiro Mundo.
Por todo isto, Esquerda Unida urxe a tódalas Administracións que impulsen campañas de prevención, detección precoz e atención, e concretamente á Xunta que se alonxe destas políticas de recortes indiscriminados e que asuma o lema dos Comités AntiSIDA: EstimaNonEstigma. Por último, anima a toda a sociedade para que participe activamente nas convocatorias dos Comités Cidadáns AntiSIDA de toda Galicia, donde hai xa máis de 2.000 persoas infectadas polo VIH e máis dun 30% descoñece a súa seropositividade, en moitos casos, polo estigma e discriminacións que persisten na nosa sociedade.