Esquerda Unida mostra de novo o seu apoio ao persoal de Xustiza ante a soberbia da Xunta de Galicia

Esquerda Unida volve mostrar o seu apoio ao persoal da xustiza galega no que é a súa primeira folga indefinida na historia de Galicia, secundada por todos os sindicatos, e iniciada no pasado mes de febreiro. Esta folga comezou tras fracasar as negociacións coa Xunta de Galicia, onde as traballadoras e traballadores demandaban equiparación salarial co persoal doutras comunidades autónomas.

Dende Esquerda Unida denunciamos a irresponsabilidade dun goberno disposto a asumir unha paralización total da xustiza en Galicia durante dous meses antes que acceder ás reivindicacións máis que xustificadas dun colectivo discriminado laboralmente e esencial para o desenvolvemento da democracia, como é a Xustiza.

Ademais, dende Esquerda Unida criticamos a postura do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao asumir que non se vai sentar a negociar coas traballadoras e traballadores ata que se suspenda a folga, unha actitude soberbia por parte da administración, que está a provocar malestar entre un persoal que está deixando de cobrar por facer servizo que afecta a toda a cidadanía.

Relacionados