Esquerda Unida súmase e chama a participar este sábado no Encontro 2017 do Foro Galego de Inmigración, que terá lugar en A Coruña

Esquerda Unida participa no Encontro 2017 do Foro Galego de Inmigración, co lema: “Polo dereito a vivir dignamente”. O acto terá lugar na Casa-Museo Casares Quiroga, na rúa Panadeiras de A Coruña, e comezará ás 10.30 horas.
Esquerda Unida recoñece o esforzo dos movementos sociais no que a mellora da calidade da vidas das persoas se refire. Neste caso, o Foro Galego de Inmigración, loita pola defensa dos dereitos fundamentais das persoas migrantes, uns dereitos que son vulnerados constantemente. Concretamente, o pasado ano 2016 pasará á historia por ser o máis negativo para as persoas migrantes, xa que é o que suma máis mortes no Mediterráneo. Aínda que para chegar a Europa o camiño non é sinxelo, unha vez que chegan, as persoas migrantes sofren exclusión en moitos ámbitos, como o sanitario ou económico, sofren a denegación de axudas, como o acceso do RISGA, ou viven en constante medo pola persecución policial.
Deixamos aquí o guión do evento:
ENCONTRO 2017 FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN:
 
Polo dereito a vivir dignamente” 
Lugar:  A CORUÑA. CASA MUSEO CASARES QUIROGA. Rúa Panadeiras n.º 12 (no centro histórico)
Programa:
10:30 H: Acollida
11:00 H: Mesa Redonda: “Rachemos coas fronteiras da exclusión: O papel das rendas sociais”. Silvia Cameán,  Concelleira de Benestar Social de A Coruña; Ruth López (Colectivo Baladre-Erletxea); unha persoa perceptora da renda local de A Coruña; Bieito Lorenzo Penela (Colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela). Modera Leticia Castro (ForoGalego de Inmigración).
13:00H: Pasarúa Revíndicativo (preténdese que teña un carácter festivo, con música e non que sexa unha simple manifestación) que rematará no Campo da Leña.
14:00H. Xantar compartido.
16:00H: Formación “Renda básica das iguais; construíndo comunidade para desbordar o capitalismo” a cargo de Ruth López (Baladre-Erletxea).
17:30H: Espazo de Asemblea.
18:30H: Remate do Encontro. 

Relacionados