Esquerda Unida presenta moción no concello para instar á Xunta á paralización do peche do centro de operacións de rede norte de Naturgy na Coruña

A empresa UFD (distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy) está a desmantelar os seus servizos en Galicia, nun continuo espolio por parte da empresa que afecta directamente aos seus traballadores e traballadoras, pero tamén á calidade do seu servizo e ás persoas usuarias. Ademáis de descapitalizar a empresa, propoñen redución da rede de oficinas, o recorte de persoal mediante subcontratas abusivas, non repoñer ás persoas que se xubilan e a deslocalización; así, mediante o proxecto LEAN para aforrar costes externalizando servizos, nos últimos anos 620 traballadoras pasaron a ser externos. Agora, a empresa pretende desmantelar o COR da Coruña, traslandando aos seus 27 traballadores ao de Madrid, afectando fondamente á súa calidade de vida e tamén aos 1’7 millóns de usuarios galegos desta empresa, que verán moi mermada a calidade deste servizo.

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Local de Esquerda Unida da Coruña ven de presentar unha moción no Concello coruñés para propoñer para debate e aprobación a adopción do seguinte:

–         Instar ao Goberno da Xunta de Gtalicia que interceda inmediatamente para paralizar a decisión da empresa, mantendo o COR da Coruña.

–         Instar ao Goberno da Xunta de Galicia a que convoque unha mesa na que participen as Consellerías afectadas, a empresa UFD e o Comité de Empresa para traballar nun plan de futuro e un compromiso de estabilidade, emprego e inversións.

–         Apoiar dende o Goberno e Pleno Municipal todas as accións que se desenvolvan por parte das traballadoras e traballadores a través do seu Comité de Empresa, facilitando os medios materiais, persoais e de difusión oportunos.

–         Informar ao Pleno do Concello do seguimento deste conflito como proba do compromiso real coa moción que se aproba.

A Coordinadora Local de Esquerda Unida da Coruña, Carmen Armada, afirma que: A industria en Galicia, e no concreto da comarca da Coruña, está nunha situación de extrema gravidade dende fai anos, pero é agora no último ano cando, escudándose tras a crise sanitaria actual e valéndose de que a opinión pública está centrada na COVID, o sector industrial da comarca vive as súas peores horas, e a solución a esta situación ten que ser unha solución política, mediante a implicación de todos os estamentos vinculados”.

Relacionados