Esquerda Unida reclama á Consellería de sanidade a cobertura permanente nos consultorios de Palmeira e Corrubedo

Durante a actual pandemia por coronavirus a Xunta de Galicia decidiu retirar ao únicos médicos que dan atención nos consultorios de Palmira e Corrubedo, ambos no concello de Ribeira. A decisión unilateral, que non foi xustificada con informe algún, ten significado a perda do servizo sanitario nestes dous núcleos poboacionais e o traslado para ditas atencións ao centro de saúde de Ribeira.

Esquerda Unida considera que non se pode entender como se a Xunta de Galicia aduciu cuestións de saúde laboral para desprazar aos médicos, o resto do persoal dos consultorios continuou nas mesmas dependencias e, esixe á Consellería de Sanidade que garanta a continuidade do servizo.

Esquerda Unida denuncia que o deterioro da atención primaria é unha constante na última década e que, en troques de buscar escusas, a Xunta debe dar cobertura ás ausencias e permisos do persoal mediante substitucións.

Así mesmo, reclama á institución autonómica que garanta que o servizo vaia continuar aberto nestes dous consultorios e pide que se anticipen as medidas necesarias a tal fin no caso dun novo brote de coronavirus.

Relacionados