Esquerda Unida reclama a FEMP un acordo que permita ás administracións locais actuar con autonomía para dar resposta ás necesidades derivadas da pandemia

A administración local é a principal coñecedora da realidade económica e social de cada concello, e durante a pandemia da Covid estas administracións desenvolveron un papel fundamental de servizo, proximidade e atención a pesares das limitacións económicas impostas polo marco normativo vixente.Situación que pon en evidencia a limitación que a lei 2/2012 impón á función dos concellos para a xestión en beneficio da cidadanía.

Nos concellos recae a responsabilidade de colaboración activa na recuperación económica e social derivada e acentuada pola pandemia polo que neste contexto, desde Esquerda Unida remitímonos ao acordo tomado pola Xunta de Goberno da FEMP no mes de maio que fai referencia á utilización do remanente da tesourería para gastos xerais como recursos financeiros propios para a xestión orzamentaria das entidades locais.

Este acordo, no marco da superación da lei 2/2012, precisa de fondos para poder intervir nos municipios en igualdade de condiciónspolo que non podemos aceptar a pretensión da FEMP e do Ministerio de Facenda, de utilizar novamente a limitación e incautación do remanente e superávit dos concellos, para situalo novamente nun marco normativo de estrangulamento económico.

Por todo isto, desde Esquerda Unida apelamos ao diálogo e consenso no seo FEMP ante a súa decisión falta de consensos e a todas luces insuficiente no relativo á utilización dos recursos acumulados para avanzar cara o cumprimento dos acordos tomados polo actual goberno de coalición para dar máis autonomía competencial e capacidade económica ás administracións locais e en definitiva a derogación da Lei Orgánica 2/2012.

Relacionados