Esquerda Unida recrimina ao PP o uso da maioría absoluta para frear a Lei Galega de Igualdade de Xénero

Esquerda Unida denuncia a actitude de transfobia do Partido Popular ao votar en contra da Lei Galega de Igualdade de Xénero, que amparaba, regulaba os dereitos e permitía importantes melloras na calidade de vida das persoas galegas transexuais (tamén nenas e nenos trans).

Dende Esquerda Unida acusamos a actitude de apliación de rodillo da maioría parlamentaria do PP, que non duda en aplastar o sentir de tantas persoas galegas que ven truncada a aprobación dunha lei que lles ampare no dereito a ser e existir en liberdade e de ter unha vida digna, un paso vital na construción dunha sociedade diversa e respectuosa.

O texto, concibido sobre o principio de respecto á libre manifestación da identidade de xénero, abordaba ámbitos que ían desde a xestión administrativa cotiá ata a atención sanitaria, así como unha serie de medidas educativas e de formación, non discriminación no ámbito laboral ou liñas de apoio familiar, entre outras. A proposta permitiría ao ordenamento xurídico galego ir máis alá da lei de igualdade de trato e non discriminación de persoas LGTBI, aprobada en 2014.

O PP, en vez de facer valer a súa maioría absoluta para matizar ou retirar aspectos da Lei cos que non estiveran conformes, usou esta maioría para freala, olvidando que é responsabilidade dos poderes públicos e políticos poñer todos os seus recursos para velar polas dereitos de todas as persoas.

Conscientes de que hai moito camiño por andar, dende Esquerda Unida seguiremos esixindo e pulando por unha política valente para mellorar a calidade de vida de todas as persoas, sen marxinar ou invisibilizar a ninguén.

 

Relacionados