Dende Esquerda Unida, seguimos a mostrar unha grave preocupación respecto á vulneración constante dos dereitos das persoas migrantes (existencia dos CIE’s, leis como a de Estranxeiría, as devolucións en quente), así como a inxusta situación na que están a vivir na actualidade pola irresponsabilidade e a falta de vontade dos diferentes gobernos.
É por iso que hoxe, Día das Persoas Migrantes, Esquerda Unida fai público o seu Manifesto, no que traslada a súa preocupación respecto a esta vulneración constante e aposta por unhas políticas migratorias que respecten os dereitos humanos.
DESCARGA O MANIFESTO 18D MIGRANTES 2018

![18 de decembro, Día Internacional das Persoas Migrantes [Manifesto]](https://esquerdaunida.org/wp-content/uploads/2017/12/migrantes-2-e1513602998664-150x150.jpg)






