Esquerda Unida reúnese coa Sociedade Galega de Sexoloxía de cara a completar a proposta programática en materia de saúde

No marco das Eleccións Autonómicas, Esquerda Unida está levando a cabo xuntanzas con colectivos e asociacións de profesionais para abordar e recoller as propostas que rexirán as liñas programáticas da organización.

Como recolle a Organización Mundial da Saúde, “a saúde sexual é un estado de benestar físico, mental e social en relación coa sexualidade. Require un enfoque positivo e respetuoso da sexualidade e das relacións sexuais, así como a posibilidade de ter experiencias sexuais  placenteras e seguras, libres de toda coacción, discriminación e violencia”.

Na rolda de contactos establecidos, a nosa coordinadora nacional Eva Solla, mantivo unha  xuntanza coa Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) da man da súa presidenta Purificación Leal Docampo xunto con Vanessa Rodríguez. O campo sanitario é unha das prioridades de Esquerda Unida, para o que abordamos dentro da súa amplitude, cuestións tan relevantes como a relativa á saúde e á educación  sexual e sobre todo a formación e información que se debera trasladar sobre a mesma.

A saúde sexual é transversa e afecta a todos os ámbitos da vida, dende o formativo de quen educa, informa ou trata,  ata os usuario e usuarias a quen se dirixen, dende a atención primaria, pasando polos Centros de Orientación Familiar, centros Quérote+, etc.

A saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos requiren dun planeamento integral libre de estereotipos sexistas para o tamén é precisa a formación e sensibilización con perspectiva de xénero na saúde pública para mellorar a eficiencia, cobertura e equidade dos programas. Neste contexto, por exemplo, recuperar a función orixinaria dos centros Quérote+ así como a necesidade de que desempeñen o seu papel de formación e información para a mocidade en materia afectivo sexual, debe ser unha prioridade para contribuír á construción dunha sociedade sana.

Alunhas das medidas máis que abordamos con SOGASEX foron :

  • Introdución de contidos curriculares desde a educación infantil ata a secundaria.
  • Necesitade de engadir contidos en materia de educación sexual tanto na formación de profesións sanitarias como na formación do profesorado.
  • Facilitar o acceso ás pilulas do día despois en todos Puntos de Atención Continuada.

Relacionados