Esquerda Unida reúnese coas asociacións memorialistas para recoller propostas para a presentar ante o anteproxecto de Lei de Memoria Democrática

O pasado mes de setembro, o Consello de Ministros aprobou o anteproxecto de Lei de Memoria Democrática, unha proposta que Esquerda Unida celebra e considera un exercicio necesario para o recoñecemento de todas as persoas represaliadas por ter defendido a democracia durante a guerra, a ditadura e a transición e poder superar así a lei vixente de Memoria Histórica.

Á súa vez, Esquerda Unida considera necesario que esta lei recolla elementos de relevancia como son os referidos á Lei de Amnistía, a ampliación ata 1983 do período de transición desde a morte do ditador ou a desacralización do Val dos Caídos entre outras.

Neste marco de traballo de cara ao trámite da lei de Memoria Democrática, Esquerda Unida arranca unha xeira de contactos coas asociacións memorialistas como parte imprescindible desde o seu compromiso e loita sostida para acadar avances en materia de recoñecemento e garantía de Xustiza, Verdade e Reparación para todas as vítimas represaliadas.

Co fin de acadar unha lei de Memoria que sexa un instrumento eficaz no acceso á Xustiza, a Verdade e á Reparación tras décadas de esquecemento, Esquerda Unida comeza as xuntanzas de traballo coas asociacións memorialistas de Iniciativa Vilagarciá de Memoria e coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, para recoller propostas que serán trasladas ao congreso como enmendas á propia lei.

 

 

Relacionados