Esquerda Unida súmase á Folga Feminista deste venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, así como ás mobilizacións convocadas, facendo ver que o traballo das mulleres, en todos os eidos, é constantemente invisibilizado e minusvalorado; aínda que esencial. Baixo o lema “Feminismo para mudalo todo”, convertemos a inxustiza nunha alternativa fronte ao patriarcado e ao capitalismo, que están tan presentes nas nosas sociedades.
O feminismo lanza unha mirada subversiva e estrutural ao neoliberalismo, e actúa colectivamente e de forma solidaria contra o marco individualista e fragmentado que se instaurou nesta sociedade á vez global e dividida. O movemento feminista é un exemplo de unidade e a posta en práctica do traballo colectivo para construír unha forza transformadora.
Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación activa nas diferentes mobilizacións dende o convencemento de que só mediante transformación feminista da nosa sociedade podemos lograr unha igualdade real. Dende esta perspectiva, apoiamos unha folga laboral, de coidados, de consumo e tamén no ensino.
Non perdas o Manifesto 8M de 2019: