Esquerda Unida súmase á mobilización das Marchas da Dignidade en protesta contra os premios Princesa de Asturias concedidos á UE

Esquerda Unida fai un chamamento á participación e súmase á manifestación convocada polas Marchas da Dignidade que terá lugar este vindeiro venres 20 de outubro en Oviedo, cidade na que todos os anos se otorga o Premio Princesa de Asturias da Concordia e que, nesta vez recae, de forma paradoxal, na Unión Europea, que segue a permitir xenocidios ante as súas fronteiras, que deixa morrer a persoas todos os días no Mediterráneo, que non cumpriu coa convención de Xenebra no tocante ás persoas refuxiadas e que non cumpre co seu propio compromiso de acollida, entre outras mostras de comportamento xenófobo e racista que vimos denunciando nos últimos anos.

Dende Esquerda Unida, consideramos unha absoluta vergoña a concesión á Unión Europea do premio da Concordia, promovido ademáis por unha institución caduca e corrupta e vemos moi claro que premiar á UE é premiar ao verdugo, a unha Europa desigual, insolidaria e cruel cos pobos e xenerosa co capital. Para nós é terrible que se faga esta distinción a unha institución que incumpre coas súas obrigacións, segundo a lexislación internacional, e que vulnera constantemente os dereitos das persoas migrantes ao permitir a deportación de persoas que solicitan asilo ao saír de países que están en conflito.

Por todo isto, dende Esquerda Unida animamos a participar na concentración que terá lugar o día 20 en Oviedo. Para acudir dende Galicia, as Marchas da Dignidade fletan un bús que irá a Asturias o día 20 e só custa 5 euros (ida e volta).

 

 

 

 

 

Se queres participar, podes apuntarte dende aquí.

 

Máis información, na web das Marchas da Dignidade

Firma o Manifesto da “VergUEnza”. 

Relacionados