Esquerda Unida súmase ás concentracións en defensa dos Dereitos Humanos das persoas refuxiadas

Esquerda Unida súmase, xunto a outros partidos políticos e organizacións sociais e sindicais, ás concentracións en  rexeitamento do acordo entre a Unión Europea e Turquía sobre os refuxiados que terán lugar mañá mércores 16 de marzo por toda Galicia.

O preacordo asinado basease en que a Unión Europea pagará uns 6.000 millóns de euros até 2018 para que as persoas refuxiadas sexan devoltas a Turquía e aloxadas en campamentos, no lugar de asumir a responsabilidade de levar adiante medidas que resolvan a súa dramática situación e que pasen por unha reubicación permanente que garanta o seu asentamento en condicións de seguridade.

Este acto vergoñento xa foi denunciado en diferentes ocasións dende Esquerda Unida e vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Deste modo, dende diferentes partidos políticos e organizacións sociais e sindicais instamos ao Goberno español a non apoiar devandito acordo e a esixir medidas urxentes ante esta crise humanitaria.

 

CONCENTRACIÓNS:

— A Coruña: ás 20 h diante do Obelisco.

— Ferrol: ás 20 h diante do edificio da Xunta (praza de España).

— Santiago de Compostela: 20h. na praza do Toural.

— Burela: ás 20 h diante do Concello.

— Lugo: ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno.

— Ourense: ás 19:30 h diante da Subdelegación do Goberno.

— Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na praza de Galicia.

— Vigo: ás 20 h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

 

MANIFESTACIÓN:

— Pontevedra: ás 20 h desde a praza da Peregrina ata a Subdelegación do Goberno.

 

Relacionados