Esquerda Unida súmase ás mobilizacións de solidariedade cos refuxiados

Esquerda Unida súmouse ás mobilizacións do domingo co fin de mostrar a solidariedade do pobo galego coas persoas refuxiadas. Os deputados de AGE e membros da dirección de Esquerda Unida, Xabier Ron e Ramón Vázquez, estiveron nos actos de Santiago e Lugo, respectivamente.

O obxectivo das marchas é reclamar á Unión Europea e ao Goberno de España actuacións urxentes, lóxicas e consecuentes co espírito solidario expresado polos cidadáns para afrontar humanamente o drama que están a vivir as persoas que buscan refuxio fuxindo da guerra.

Relacionados