Esquerda Unida súmase as reivindicacións das traballadoras do sector conserveiro

Esquerda Unida apoia e participa na  manifestación  do día de hoxe sábado 19 de febreiro en Boiro convocada por CC.OO. en defensa das reivindicacións laborais e lamenta a falla de unidade sindical á hora de asinar o preacordo do convenio laboral do sector

A falta de unidade  en reivindicacións que se incluíron no preacordo e que eran inasumibles por parte destas na proposta por parte da patronal do sector só pode prexudicar ás traballadoras que non verán reducida a desigualdade salarial entre mulleres e homes  e que abre a porta á obrigatoriedade de traballar as fins de semana e festivos para as novas contratacións.

Denunciamos ademais a chantaxe por parte da patronal dende o inicio das negociacións e que ademais da intransixencia coa que se mostrou nas negociacións ameazou cun peche patronal como medida de presión  insaumible.

Polo tanto  Esquerda Unida, apoia a continuidade das mobilizacións e reclama que a proposta  inicial que expuñan as centrais sindicais e que a propia unidade sindical se mantexa co fin de rematar coa precariedade e o fin da  fenda salarial entre mulleres e homes que se mantén coa firma do preacordo do convenio

Relacionados