Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista Galego co motivo do Día contra a Violencia Machista, este vindeiro domingo 25 de novembro, no que saímos ás rúas a esixir igualdade radical fronte á violencia exercida dende o patriarcado, así como que as institucións asuman a súa responsabilidade na loita contra a Violencia de Xénero.
Esquerda Unida, a través da súa área nacional da Muller, fai público o seu Manifesto polo 25N, no que considera que na actualidade precisamos políticas para aumentar os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas.
Se ben o 2018 é un ano pragado de novas machistas indignantes (como a sentenza contra Juana Rivas, o caso da Manada, o alarmante aumento de casos de violacións grupais ou a desidia do poder xudicial…). Neste 2018 tamén vivimos unha contundente resposta social da man do movemento feminista organizado, plural, subversivo, e anticapitalista. Un movemento que redefine o sentido común da nosa sociedade.
Por iso, dende a nosa organización, apoiamos as mobilizacións organizadas en Galicia este 25 de novembro para reivindicar unha sociedade libre de violencia de xénero. Vémonos nas rúas!
Descargar [Manifesto 25N 2018]
Non perdas este vídeo sobre o manifesto, na nosa canle de Youtube: