Esquerda Unida súmase e chama a participar na campaña “Rachemos coas Fronteiras”, da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas

A Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas pon en marcha unha campaña de recollida de sinaturas co nome de “Rachemos coas Fronteiras” coa intención chamar á mobilización para conseguir que remate esta terrible situación.

Segundo a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, a campaña respalda o manifesto introducido por rexistro o 22-2-17 que pódese leer dende a súa web:  Demandas rederefuxiadas.

Como primeiro paso, esixen ao Goberno Español:

Cumprir inmediatamente os  compromisos de acollida e reubicación de persoas refuxiadas comprometidos polo estado español ante a UE.

A anulación do acordo entre a UE e Turquía e de todos os tratados que supoñen a vulneración e un risco para a garantía dos dereitos humanos das persoas.

Pódese colaborar de duas maneiras:

1- CAMPAÑA DE SINATURAS ONLINE: pódese asisnar e dar difusión aquí  Rachemos coas fronteiras

2- RECOLLIDA DE SINATURAS FÍSICAS: os materiais se poden baixar neste enlace
materiais para a campaña

Relacionados