Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización deste sábado 10 de novembro pola devolución do Pazo de Meirás

Esquerda Unida, unha das organizacións convocantes, súmase e fai un chamamento á participación na quinta marcha que organiza a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) coa fin de reclamar o pazo de Meirás para o dominio público e na defensa da Memoria histórica e democrática do noso país e contra a impunidade franquista.

A marcha sairá o sábado 10 de novembro ás 12 horas do monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo, situado no paseo marítimo de Sada, e rematará cunha concentración ás 13 horas diante do Pazo de Meirás. Se o tempo o permite, ás 16 horas celebrarase un roteiro na contorna do Pazo.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, acudirá á marcha e concentración.

 

Relacionados