Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes concentracións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública, este mércores 24 de xaneiro, a prol da defensa da nosa sanidade contra os recortes continuos do goberno de Feijóo e contra a modificación da Lei de Saúde que pretende levar a cabo o PP.
Dende Esquerda Unida entendemos que a intención do PP de modificar a Lei Galega de Saúde só afonda no desmantelamento e na privatización do sistema sanitario, polo que esiximos a súa retirada inmediata. Por iso, facemos un chamamento á cidadanía para que se sume a estas concentracións, xa que os recortes impostos polo actual goberno poñen en perigo a atención sanitaria.
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea e Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, estarán nas seguintes localizacións:
EVA SOLLA, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea. Lugar: Praza do Toural (Compostela). Hora: 20 h. RUBÉN PÉREZ, secretario de Organización de Esquerda Unida. Lugar: Diante do PAC de Vigo. Hora: 20 h. |
Todas as concentracións en Galicia: