A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca mañá, 20 de xuño, diferentes mobilizacións por toda Galicia para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas.
Esquerda Unida recoñece o esforzo dos movementos sociais no que a mellora da calidade de vida e a loita pola defensa dos dereitos fundamentais das persoas refuxiadas se refire, uns dereitos que son vulnerados constantemente, xa que sofren múltiples exclusións en moitos ámbitos, como o sanitario ou económico. Neste caso, na concentración farase mención á negativa do Goberno Galego a esixir que se cumpra o acordado coa Unión Europea respecto á acollida das persoas refuxiadas.
O membro da executiva nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, participará mañá martes 20 na concentración que terá lugar en Compostela (Praza do Toural) ás 20 horas.
| Concentración “Para que se cumpra cos dereitos humanos”, coa participación de Xabier Ron
Data: Martes, 20 de xuño. Lugar: Praza do Toural. Compostela. Hora: A partir das 20 horas. |

![Esquerda Unida súmase ás concentracións galegas polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas, hoxe 20 de xuño [Manifesto]](https://esquerdaunida.org/wp-content/uploads/2018/06/photo_2018-06-20_17-39-11-e1529509251522-150x150.jpg)





