Esquerda Unida súmase e chama a participar nas mobilizacións do xoves 22 na defensa do sistema de pensións públicas

O detorioro do sistema público de pensións é unha evidencia, ademais de ser unha estratexia do afán privatizador daqueles que nos gobernan para elo levaron a cabo 2 reformas (no 2013 do goberno do PP e no 2011 polo PSOE) cun obxectivo claro, favorecer os Plans Privados de Pensións e os Plans Privados de Empresas.

No 2017 aprobouse unha revalorización das pensións que se sitúa no 0,25% mentras que a previsión da inflación sitúase aproximada no 2%, a perda polo tanto do poder adquisitivo para as persoas que reciben unha pensión é do 1,75% o que significa unha garantía de empobrecemento das e dos pensionistas.

O factor de sustentabilidade aprobado tamén no 2013 indica que o cálculo inicial da pensión vai ter en conta a teórica esperanza de vida da persoa que accede á pensión. Unha situación a todas luces inxusta e que vulnera o principio de suficiencia das pensión recollida no artigo 41 da Constitución. Segundo o cálculo da aplicación deste factor supón a reducción da cuantía da pensión dun 5% por década.

O aumento do número de anos cotizados para acceder ao 100% da pensión, foi aprobado no 2011 e pasou de 35 a 37 anos cotizados ademais de retrasar a idade de xubilación e endurecer as condicións para acceder á xubilación anticipada e á xubilación parcial.

Estes son motivos máis que suficientes para reivindicar dende as institucións e tamén dende as rúas a defensa dun sistema público de pensións, por iso facemos unha chamada á participación nas mobilizacións convocadas para mañá xoves 22 de febreiro por todo o territorio.

Relacionados