Esquerda Unida súmase e fai un chamamento a participar nas mobilizacións feministas baixo o lema: “Ni un paso atrás en igualdade. Os nosos dereitos non se negocian”

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista que terán lugar nas cidades e vilas galegas este vindeiro martes 15 de xaneiro baixo o lema: “Nin un paso atrás en igualdade. Os nosos dereitos non se negocian”, coa fin de apoiar ás compañeiras de Andalucía, xa que nesa data terá lugar un vergoñento pacto de Goberno no que a dereita emprega os dereitos das mulleres como moeda de cambio, negando a incuestionable realidade da violencia machista.

Dende Esquerda Unida compartimos a necesidade de esixir dende as rúas e dende as institucións unhas leis que erradiquen as violencias machistas, así como o incremento de recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de accións para levar a cabo Políticas de Estado feministas contra a violencia machista. Por todo isto, chamamos a encher as rúas para apoiar ás nosas compañeiras Andaluzas e lembrar que: “Os nosos dereitos non se negocian”.

Relacionados