Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista que terán lugar nas cidades e vilas galegas este mércores 16 de maio, baixo o lema “Compromiso = Orzamento; A loita segue; Vémonos nas rúas; Nin unha menos!” coa fin de esixir que os Orzamentos do Estado para 2018 cumpran os 200 millóns de euros anuais prometidos no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, orzamento xa de por si insuficiente para abordar as 213 medidas do Pacto, e que o goberno do PP non ten vergoña nin escrúpulos en reducilo a 80 millóns, asignando só o 40% do orzamento prometido.
Dende Esquerda Unida lembramos que é fundamental seguir a pular nas rúas por termos unhas leis que erradiquen as violencias machistas, así como incrementar os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de accións para levar a cabo Políticas de Estado feministas. Por todo isto, chamamos a encher as rúas para esixir ao goberno políticas xustas, con suficiencia orzamentaria para facelas realidade.
Máis información, na Plataforma Feminista Galega
Ver o manifesto da Mobilización Feminista


![25 de novembro, Día contra a Violencia Machista [Manifesto]](https://esquerdaunida.org/wp-content/uploads/2017/11/cartel-25N-e1511604636184-150x150.jpg)





