Esquerda Unida tacha de “mércores negro” o día de hoxe para os sectores industriais de Galicia que levan anos a manter a comarcas enteiras

Esquerda Unida tacha este mércores 17 de outubro de “mércores negro” co anuncio de peche das plantas de Alcoa en A Coruña (e Avilés) e polo inicio de folga do sector de elaborados do mar, marcado pola precariedade laboral.

“Este é un mércores negro para unha Galicia que ve desaparecer o sector industrial, debido a unhas políticas erráticas de diferentes e sucesivos gobernos que non son capaces dar unha alternativa á situación de precariedade e a situación de destrución de emprego que se da, o que significa unha falta de estratexia das administracions de cara o crecemento e mantemento do tecido produtivo no país”, sinala o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez.

Segundo explica o secretario de Organización de Esquerda Unida, “é un mércores negro para uns sectores que durante anos teñen mantido a comarcas e familias enteiras, como é o caso do aluminio, na Coruña, ou do sector de elaborados do mar, que vén de convocar unha folga por estar na precariedade absoluta, con salarios que apenas superan os 700 euros e van ás rúas pola mellora dun convenio que implica a centos de empresas e milleiros de traballadores, xa que estamos a falar dun convenio estatal”, apunta Pérez.

Dende Esquerda Unida apoiamos e sumámonos ás reivindicacións do persoal de Alcoa e das traballadoras e traballadores do sector do mar, que estarán nas rúas os vindeiros luns, mércores e xoves ata a consecución dun convenio digno.

Non perdas as declaracións de Rubén Pérez: 

Relacionados