Esquerda Unida traslada unha queixa á dirección da CRTVG ante a emisión dun programa no que se expón a unha muller a unha situación violenta

Esquerda Unida vén de remitir á dirección da CRTVG e á responsable de Igualdade da Xunta de Galicia unha queixa formal ante a emisión do programa “Land Rober Tunai Show” o pasado 8 de abril,  no que se expón a unha muller, sometida publicamente a un encontro non buscado cunha ex-parella, cunha exposición pública non reclamada por ela, xerándose unha situación violenta.

Estes feitos vulneran todas as recomendacións e normativas existentes en materia de protección, prevención e tratamento da violencia de xénero, que á súa vez, dita emisión carece de toda ética profesional ante o tratamento tan discriminatorio cara a muller.

Carta remitida á dirección da CRTVG e á responsable de Igualdade da Xunta de Galicia, e esiximos unha disculpa e rectificación pública ante o acontecido e a non emisión novamente do capítulo do programa emitido o día 8 de Abril en ningún formato audiovisual.

📩 Consulta aquí a Carta Esquerda Unida ante a emision do programa do 8 de abril de “Land Rober Tunai Show”

 

Relacionados