Esquerda Unida reuníu hoxe vía telemática a súa Coordinadora Nacional, máximo órgano de dirección, para abordar a situación política e social derivada do Covid-19.
Entre outras cuestións, a dirección nacional de Esquerda Unida, facía fincapé sobre a necesidade de que as persoas en situación de vulnerabilidade dispoñan de medios inmediatos para evitar o agudizamento destas situación.
Neste sentido, a organización valoraba así o aprobado no Consello de Ministros deste martes, en canto a medidas económicas do fondo social extraordinario, dos que máis de 1,8 millóns de euros foron transferidos a Galicia para facer fronte e garantir o dereito básico á alimentación dos nenos e nenas en situación de pobreza.
“As familias en situación de vulnerabilidade que viñan percibindo unha beca comedor para os seus fillos e fillas en función da súa renda, tras a situación de alarma decretada polo goberno central e a consecuente suspensión de clases e peche dos centros escolares, estes nenos quedaron privados dun dereito básico como é a alimentación diaria, atendendo aos datos de que 1 de 4 nenos está en situación de pobreza, a Xunta debe actuar de inmediato para garantir a súa manutención ” di Eva Solla
Dende Esquerda Unida, esiximos á Xunta de Galicia que axilice a tramitación destas axudas para garantir a alimentación diaria dos nenos e nenas que xa tiñan previamente concedida a beca comedor.