Este acordo prevé derribar os edificios das estacións de tren, tanto da estación de A Ponte coma a da estación de San Francisco. Isto eliminará da realidade da nosa cidade dous dos nosos edificios históricos, sendo os derribos totalmente innecesarios que só obedecen a intereses particulares de distintos personaxes.
Apostamos pola integración dos edificios das estacións á realidade concreta da nosa cidadanía aprobeitando o seu uso, sendo as duas estacións os simbolos que non debemos esquecer pulando por un transporte público e de calidade; unha rede de cercanias a corto prazo e ó servizo da xente é o que merecemos, ofrecendo un servizo accesible a todos, tanto fisica coma económicamente; temos que dotar á cidade dunha estratexia de cercanias que de solución no día a día ós problemas de desprazamento de todos nós.
Por parte de Esquerda Unida Ourense queremos darlle a noraboa e brindarlles todo o noso apoio a todas aquelas persoas, asociacións e grupos que están a defender os seus barrios e que non están dispostos a deixar pasar por alto todos os ataques que se levan a cabo desde as distintas administracións (Concello, Xunta e Goberno Central) contra a nosa cidade.