Estado lamentábel da rúa Ibera

 

Este é o caso dun grupo de veciños do barrio do Mallos que se atopan nunha situación de auténtico infradesenvolvemento, xa que logo, Esquerda Unida denuncia o estado lamentábel da rúa Iberia e existe ao concello a inmediata limpeza da maleza e o seu asfaltado, así como  adaptar o seu acceso para persoas con mobilidade reducida.A dita rúa atópase chea de maleza, carece dos máis elementais elementos que permitan a accesibilidade a persoas discapacitadas, e aínda por riba está chea de fochancas que constitúen un perigo para os peóns.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a veciñanza chegou a nós desesperada pola inacción e falta de comunicación do Goberno municipal logo de obviar os seus continuos requirimentos”. Este é un problema recorrente que sofren os veciños e veciñas, que xa denunciamos cando gobernaba o bipartito, pero que agora co Goberno do PP acrecentouse, e iso que cando estaban na oposición tamén denunciaban.

 

Os veciños están a avisar ao Concello desta situación dende fai meses, primeiro vía telefónica, posteriormente solicitaron entrevista co concelleiro de barrio sen resposta e finalmente, a principios do pasado mes de novembro rexistraron unha solicitude de entrevista co director de infraestruturas.  

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a situación de abandono que viven algúns barrios evidencian o fracaso do sistema clientelista de concelleiros de barrio. Sistema que burocratiza aínda máis a atención aos barrios, ralentizando, así, a resposta do Concello ás demandas da veciñanza.

 

Relacionados