Estimada alegación de EU-V

 

A dita situación obriga aos poderes públicos a actuar con rapidez e contundencia para manter a cohesión social, neste sentido saudamos a iniciativa dos servizos sociais do Concello da Coruña que, en resposta as nosas chamadas á reacción institucional logo do incremento de persoas en risco de exclusión social na nosa cidade, propoñen incrementar as axudas para emerxencia social ao tempo que resolven unha eiva existente nas anteriores ordenanzas, que de maneira incongruente incorporaban unha axuda menor para a subsistencia, cuxo fin é cubrir as necesidades básicas para a vida como alimentación, vestiario, aloxamento, ou gastos sanitarios que para outros conceptos, aínda que importantes non vitais.  

 

O Goberno municipal estima a alegación á ordenanza de emerxencia social presentada por Esquerda Unida para avanzares na xustiza social. Alegación que transcribimos literalmente:

 

Compartimos a necesidade de modificar o Artigo 11 da Ordenanza para darlle maior coherencia normativa, xa que a confusa redacción do texto actual, non so induce a erro senón que se presta a interpretacións subxectivas e, xa que logo, arbitrarias. Por outra banda tamén coincidimos na necesidade de actualizar os criterios para o acceso as axudas desta ordenanza para adecualos a realidade actual. Con todo, consideramos que estes criterios son susceptíbeis de mellora para avanzares, aínda máis, no principio de xustiza social no que sempre incide Esquerda Unida – Os Verdes. Quedando o texto así:

 

“Indicador económico. Su cumplimiento será requisito de acceso a las ayudas reguladas en esta Ordenanza. En él se valorará la capacidad económica de la unidad de convivencia, definiendo esta como la suma de los ingresos de la unidad familiar dividida por el número de miembros de dicha unidad, después de reducir el importe de la hipoteca o alquiler de vivienda, hasta un máximo del 75% del Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM). Dicha capacidad económica de la persona beneficiaria de la ayuda no podrá ser superior al importe anual del IPREM que se fije cada año.

 

Así pues, el cálculo se efectuará con arreglo a la siguiente fórmula:

IE = (I – EV)/N   IE ≤ IPREM

Donde:

IE = Indicador económico

I = Ingresos Netos de la unidad familiar

EV = Esfuerzo mensual en vivienda (hipoteca o alquiler)

N = Número de miembros de la unidad familiar”

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes saúda a disposición dos servizos sociais do Concello para aceptar unha alegación que introduce un límite máis claro e igualitario a cantidade final que se poderá reducir na fixación da capacidade económica da unidade de convivencia como ben indica o propio informe de estimación achegado polos servizos sociais ao expediente, onde tamén valorase positivamente a inclusión da formula para aplicar o dito indicador económico, que facilitará o cálculo ao persoal técnico municipal dos servizos sociais.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “estamos diante dunha nova  mostra de que outra política é posíbel, apostamos por unha oposición útil e construtiva que sexa quen de deixar ao marxe intereses partidistas para poñer en valor os intereses xerais da cidadanía”.

 

Finalmente César Santiso afirmou que “unha vez máis achegamos o noso esforzo para acadar unha normativa máis xusta a prol das familias traballadoras e os máis necesitados”.

Relacionados