Estrada de Lonzas

 

Esquerda Unida afirma que o peche da estrada de Lonzas supón o finiquito para o pequeno comercio da zona. Xa que logo, propoñemos que o Goberno municipal execute un plan específico de apoio o comercio nos barrios, xa que os locais comerciais situados en zonas periféricas da cidade teñen o mesmos problemas que os comercios do centro máis os derivados da súa situación xeográfica.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no Pleno ao Goberno local si ten pensado aplicar medidas correctoras que eviten a depresión da zona e o peche do pequeno comercio, facéndose eco das preocupacións dos veciños e os comerciantes do barrio polo feito de que esta zona quedará illada ca execución do proxecto da Terceira Rolda na súa configuración actual, e por iso esiximos unha solución que impida que o peche da estrada de Lonzas sexa definitivo, deixando esta zona morta.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “nesta cidade sempre pandan os mesmos, os que viven na periferia, co peche da estrada de Lonzas a veciñanza non so queda illada senón que tamén queda a escuras”, pois a rúa presenta un grave déficit na luminaria pública, dispoñendo dun so punto de iluminación cada dous edificios e iso so nun lado da rúa, o que sumado a que os lodos e a sucidade derivados das propias obras da Terceira Rolda fan impracticábel algúns tramos de beirarrúa cando chove.

Relacionados