Estrada Domiños

 

Nunha reiteración de abandono que deixa en mal lugar a falla de compromiso do Goberno Municipal coa seguridade vial e o cumprimento da  ordenanza de Montes. Os madeiristas non a cumpren e o Goberno nen reacciona nen as  limpa subsidiriamente, co consecuente prexuízo para a nosa veciñanza.

 

Esquerda Unida interpela públicamente ao concelleiro encargado da Zona Rural para reprocharlle a pouca atención práctica que presta a toda a veciñanza, a que vive na Zona Rural e a que de despraza a unha zona privilexiada polos seus dons naturais no que ten que ver coa limpeza e mantemento deses espazospúblicos.  Reclamámoslle que faga cumprir a ordenanza, en particular na limpeza das gabias e estradas derivadas das actividades dos madeiristas, e que de maneira subsidiaria acometa a inmediata limpeza dos devanditos espazos.

 

Javier Galán reitéralle ao Goberno Municipal a esixencia de mantemento regular das gabias e estradas da Zona Rural, para procurar garantir a seguridade vial das estradas. Cómpre formular e pór na mesa un plan de mantemento que non deixe como cidadanía de terceira as persoas que viven na Zona Rural.

 

Esquerda Unida demándalle, doutra banda, que se mobilice á policía local para facer cumprir unha ordenanza elaborada de xeito participado e que formula de maneira clara e tallante as obrigas dos madeiristas; obrigas que en modo algún estanse a cumprir por parte destes. Esiximos o remate das compracencias que o Goberno amosa neste eido e que esta ordenanza entre efectivamente en vigor.

Relacionados