EU acepta a invitación do Castrillón

 

Esquerda unida considera que o silencio en canto as peticións de xuntanza da AAVV do Castrillón demostra a falta de interese do goberno do PP en materia de participación cidadá, a pesares que durante a campaña electoral ao alcalde enchíase a boca falando de diálogo cos veciños.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “en lugar de buscar unha participación cidadá aberta e democrática, o PP pretende tecer unha rede clientelista a través dos seus concelleiros de barrio”. Por iso dende Esquerda Unida solicitamos que o Goberno local consensue unha estrutura de participación cidadá real na que a función dos concelleiros de barrio sexa apoiar os procesos democráticos na toma de decisión da veciñanza mediante as Asembleas de barrio.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes reitera o seu compromiso coa veciñanza do Castrillón en particular e coa da Coruña en xeral e mostra máxima disposición para desenvolver a xuntanza, de feito o concelleiro xa mantivo unha conversación telefónica co presidente da AAVV para consensuar posíbeis datas para a xuntanza.

 

 Esquerda Unida lembra que no ano 2011 mantivo unha xuntanza en febreiro coa AAVV e desenvolveu unha Asemblea de Barrio no Castrillón en maio, un barrio que ten déficit en materia de desenvolvemento, mobilidade, equipamento e mantemento, pularemos pola construcción do complexo deportivo e a piscina demandada pola veciñanza dende fai anos e a residencia da terceira idade, así como acelerar os tramites burocráticos para comezar a urbanización dos dous polígonos pendentes, o asfaltado das rúas en mal estado, a conservación do mobiliario urbano e das zonas verdes ou a limpeza de escombros e desbrozado de maleza nos terreos abandonados). Asemade en materia de mobilidades apoiamos a apertura de rúas, a mellora do transporte público ampliando as liñas de bus e a súa frecuencia, a creación de sendas verdes que conecten o parque de Eiris co parque de Oza ou a construcción dun parking na r/. Oleoducto cando Repsol se traslade ao porto exterior. 

Relacionados