EU apoia folga estudantil e aposta pola derogacion da lei Wert e decreto 3+2

A Área de Educación de Esquerda Unida expresa o seu total apoio á convocatoria de folga de estudantes de universidade e educación secundaria convocada para hoxe mércores 13 de abril a través de asembleas estudantís unitarias promovidas polo movemento estudantil galego en reivindicación da inmediata derogación da LOMCE e o Decreto 3 + 2.

Considerada de forma unánime pola comunidade educativa como unha lei de corte extraordinariamente regresivo e conservador, e precedida das maiores mobilizacións da historia da democracia en España en contra dunha lei educativa, Esquerda Unida quere sinalar o compromiso adquirido no seu momento pola totalidade das forzas parlamentarias da oposición ao goberno do PP de derogar a LOMCE, polo que considera a proposición de ley do PSOE aprobada no parlamento o pasado 5 de abril como insuficiente, e propón a inmediata derogación da mesma.

De igual xeito, Esquerda Unida comparte a proposta do estudantado galego en relación á inmediata derogación do Decrerto 3+2, que ao prolongar por dous anos os estudos de máster, profundiza na progresiva privatización da universidade, ao tempo que dispara os custos para o estudantado, facendo inasumible para cada vez sectores de poboación máis amplos a finalización dos estudos superiores.

Relacionados