EU aproba o regulamento de primarias

O Consello Nacional de Esquerda Unida reunido hoxe en Compostela, vén de aprobar o regulamento polo que se rexirán as eleccións primarias nos municipios de máis de 50.000 habitantes de cara ás eleccións municipais de maio de 2015.

Ante a necesidade de rachar cun sistema que non garante tan sequera os dereitos básicos da cidadanía, Esquerda Unida reitera a súa vontade de construír unha fronte plural e de esquerdas como ferramenta de transformación para mudar o goberno e funcionamento das institucións e poñelas ao servizo das persoas.

Coa aprobación deste regulamento de primarias, Esquerda Unida inicia o proceso de  elección entre a militancia e simpatizantes daquelas persoas que representarán a esta organización en todos os procesos de converxencia e suma nos que está a participar de cara ás eleccións municipais. O 14 e 15 de febreiro realizaranse as votacións dos candidatos e candidata que serán ratificados polo Consello Nacional o 28 de febreiro.

Para Esquerda Unida recuperar a democracia nos concellos é o principal obxectivo, para elo acumulación de forzas é prioritaria.

 

Por outra banda, o Consello Político Nacional ratifiou o programa marco de cara ás vindeiras eleccións, un programa elaborado colectivamente que será compartido e debatido cos diferentes colectivos e movementos sociais, os verdadeiros coñecedores da realidade social de cada municipio.

Relacionados