O auto xudicial que decreta o arquivo da denuncia polas ilegalidades na construción do pavillón de Anceis, deixa de manifesto que as continuas falsedades do Concelleiro de Urbanismo e o Alcalde quedaron demostradas. No auto do xulgado de instrucción nº 7 cita que “se ha cometido una ilegalidad administrativa”, posteriormente subsanada.
Durante moitos meses, a Concelleira de EU denunciou por escrito, nos plenos, ate nos medios de comunicación que a obra de Anceis era ilegal. Atopouse con retrasos na entrega de documentación, falacias en sede plenaria, omisións de información por parte de Alcalde e Concelleiro que levaron a solicitar ao resto dos grupos a acudir á Fiscalía Provincial a denunciar uns feitos, que a día de hoxe, quedan acreditados.
Os propios veciños foron reiteradamente enganados nas reunións veciñais, nas que o Concelleiro e o Alcalde lles decían que faltaba un “trámite” para poder inaugurar un pavillón que xa estaba construído dende 2017, e que ambos sabían que non se ía poder inaugurar ate anos despois, unha vez aprobado o PEID, algo que finalmente sucedeu en xaneiro de 2020. Ocultaron consciente e premeditadamente esta información á oposición, aos veciños e a calquera que lles preguntara prometendo que estaría inaugurado antes das eleccións e incluíndo a obra como rematada na revista electoral de UXC. A gravidade desta ocultación é que algúns funcionarios foron conscientes e colaboradores deste silencio e tampouco se pronunciaron.
Estas continuas falsedades quedan demostradas polo auto do xulgado, poñendo de manifesto que durante anos o Concello ocultou aos veciños unha ilegalidade que foi a que mantivo en desuso o pavillón e utilizou dita mentira para poder prometer antes de campaña electoral que faría unha obra que sabía positivamente que non podería facer mais que de xeito ilegal. Dita ilegalidade foi encuberta por funcionarios do Concello e do equipo de goberno.
EU esixe a dimisión de González Leirós e anima ao resto de partidos, incluído o propio PSOE Cambre a pedir a dimisión conxuntamente. Neste sentido, dende EU estúdiase neste momento presentar unha reprobación no pleno. Non pode estar en mans dunha persoa que salta a legalidade con coñecemento de causa para usala en beneficio propio e do partido Unión por Cambre.
Esta non é a única vez que tanto Patiño coma Leirós ocultan información e minten aos membros da oposición. En palabras de Olga Santos, Concelleira de EU: “Compre recordar que o caso de Anceis, non é o único a nivel urbanístico sobre o que recae a sombra da dúbida no relativo á xestión que está levando a cabo o actual Concelleiro xunto coa connivencia do Alcalde”.
Casos como o sospeitoso retraso do PXOM, o intento de que a Deputación financiase a construción dun muro de contención na Patiña, propiedade dun curmán do Alcalde, a imposible urbanización da Casa da Cultura, o moi “favorecedor” acordo con Maderas Lamelas, curmáns tamén do Alcalde, e a inminente modificación do entorno da NVI sin ningún tipo de Consenso e aprobado cun PSOE que mira cara outro lado ante as falcatrúas urbanísticas deseñadas na cabeza do Alcalde e do Concelleiro, fai que dende EU poidamos afirmar sin medo a equivocarnos que ambos cargos teñen como único obxectivo, ordenar e planificar o Concello para favorecer a amigos e familia aínda que iso signifique perxudicar ao resto dos veciños e veciñas de Cambre.