EU celebra a dotación de prazas públicas para o CEE Infanta Elena de Monforte

Con esta iniciativa buscábase unha solución para todos aqueles rapaces e rapazas que, unha vez rematada a escolarización obrigatoria aos 21 anos, puideran contar con alternativas socioeducativas e ocupacionais. Ramón Vázquez insistiu en que “a solución buscada ten que ser ofertada en prazas públicas e contar cun verdadeiro carácter formativo e ocupacional adaptado as necesidades educativas dos rapaces e rapazas que na actualidade cando cumpren os 21 anos teñen que volver para as súas casas obrigados a un futuro de coidados asistenciais asumidos unicamente polas súas familias”, sinalou.

Segundo o documento, instábase ao Goberno galego “a tomar as medidas necesarias para que os alumnos e alumnas do Centro Infanta Elena, unha vez rematada a ensinanza obrigatoria, podan continuar en prazas públicas os seu período formativo/ocupacional no termo municipal de Monforte e sen custos para as súas familias”. Ramón Vázquez incidiu en que “compre que a solución acadada se concrete na maior brevidade e nun centro público que permitan un desenvolvemento normalizado da idade adulta dos rapaces e rapazas con Necesidades Educativas Especiais”, incidiu.

As familias, as nais e os pais do CEE Infanta Elena levan anos loitando por conseguir un Centro de Continuidade no que os seus fillos puideran permanecer unha vez rematada a súa escolarización, “facendo dos seus fillos e fillas cidadanía de pleno dereito”, rematou Vázquez.

 

Relacionados